O segundo trimestre quixemos rematalo cunha gran merendola, comezamos pensando que podíamos preparar para merendar na aula, e que fora saudable!! Unha vez deseñado o noso menú, fixemos reconto do que necesitaríamos para elaborar a lista da compra e botamos contas dos cartos que necesitabamos para comprar todo. Despois formamos os grupos para que cada un se encargara dunha parte do menú, tanto da elaboración como da compra, e nos fomos a comprar todo. Ao día seguinte tocounos preparar a merendola (zumes, brochetas de froitas e sandwiches) e por suposto disfrutala!!!!
Comentarios
Publicar un comentario