Relato 2º ESO





Hoxe, nesta illa, ocorreu un milagre.
Era pola mañá cedo, cando escoitei barullo na rúa; saín da casa e vin que era día de feira e os rapaces corrían pola praza mentres os vendedores berraban prezos para atraer á xente. (Sheila Baña) Entón, faloume un home, comentoume que se chamaba Pepe e preguntoume se sabía onde estaba a  praza. (Fabio Blanco) Eu deille as indicacións e díxenlle que tivera coidado co can da casa amarela porque era moi perigoso. (Iria Blanco)  A semana pasada atacara violentamente a un rapaz producíndolle numerosa feridas.(Claudia Caamaño).
O home díxome que ía ter coidado e seguiu o seu camiño pola beirarrúa con moito tino e coa mirada fixa nunha soa dirección, a casa amarela.  (Lidia Cives)Cando se atopou xusto diante dela, viu que o portal estaba aberto e sentiu como o can, que estaba solto, se abalanzaba sobre el .(Hugo Formoso) Pepe caeu ao chan e o can púxose a mordelo sen parar, mais el levantouse e quedou mirando ao seu redor. ( Mar García )
Os veciños observábano abraiados, mentres que o home camiñaba con normalidade cara á praza.(Yeray González)
Eu acerqueime para saber se estaba ben, pero Pepe non sabía do que lle falaba, preguntoume quen era eu, onde estabamos e que facía el alí. ( Natalia Lado ) Expliqueille o que lle pasara mais el non recordaba nada , sentíase desorientado, algo mareado e, nese mesmo intre, desmaiouse. (Paula Lema)
Despois de ver que non respondía cando o chamabamos, mirei se tiña pulso e,  para o meu asombro, non tiña. (Denis Martínez Danis) Entón chamei á ambulancia e levárono ó hospital onde permaneceu varios días en coma ata que espertou, pero seguía sen lembrar nada. (Miriam Mouro) Ao médico pareceulle raro, xa que nos tacs que lle fixeran non se lle vían moitos danos.(Brais Lorenzo)
Finalmente  déronlle a alta, e Pepe decidiu volver ao sitio onde ocorrera todo, a casa amarela.(Lucas Sanmartín)
Cando levaba un anaco andando e estaba cerca da praza, achegáronse varios veciños que viran o ocorrido e preguntáronlle como estaba, pero el non lles contestou e seguiu camiñando.(Héctor Santiago).
Pepe miraba ó seu redor para poder recordar algo do sucedido, mais foille imposible.(Iria Senra).
Eu, que estaba no salón, vino chegar e acerqueime á fiestra a saudalo e, cando mirou , vin como se poñía a tremer .(Lara Trillo)Nese momento, o can  saíu do portal e empezou a correr cara a el, Pepe escapou sen mirar atrás e mentres seguía correndo ía escoitando unha voz que cada vez estaba máis preto del. (Gabriel Goyes)
O home xirouse para ver quen era e, nisto, viu uns raios de luz moi potentes(Rubén Villar). Fixouse ben e puido observar á Virxe María, a cal traía unha mensaxe para el que dicía así: Pepe son a Virxe, veño dicirche que todo isto era unha proba para ver canta fe tiñas en Deus. (Martín Calo)

Comentarios

  1. Unha obra de arte. Carme Suárez Franco, 4ºESO.

    ResponderEliminar
  2. Inesperado final JAJAJA. Laura Antelo González, 4ºESO

    ResponderEliminar
  3. Encantoume (o final sobretodo). Nuria Esperante Maneiro, 4ºESO

    ResponderEliminar
  4. Cousa bonita. Lucía Rey Vilas,4ºESO

    ResponderEliminar
  5. Encántame o final AHAHAH. Andrea Blanco Trillo, 4°ESO.

    ResponderEliminar
  6. Maravilloso final JAJAJA. Ana Lado Baldomero 1ESO

    ResponderEliminar
  7. O final e o mellor JAJAJA. Carlota Ramos Santiago 1ESO

    ResponderEliminar
  8. Gran final. Claudia González Liñares 4°ESO

    ResponderEliminar
  9. O final máis inesperado da historia JAJAJA. Paula Rodríguez Castelo 1ESO A

    ResponderEliminar
  10. Un moi bó relato cun final conmovedor. Sheila Noceda Jurjo 4ºESO

    ResponderEliminar
  11. Final inesperadísimo JAJAJA. Celia Figueira Canosa 4ºESO

    ResponderEliminar
  12. Alex Insua Moldes 4°ESO

    ResponderEliminar
  13. O mellor de todos. Ánxela Estalote Cambeiro 4° ESO

    ResponderEliminar

Publicar un comentario