Relato 3º ESO



Hoxe, nesta illa, ocorreu un milagre.
Un avión da armada francesa sobrevoou a illa e, a pesar de que lle fixen sinais de fume, non me viron. (Valeria). Levo así dous anos nesta illa do Pacífico e  con tantos intentos fallidos de poder saír, xa perdín a esperanza (Alicia). Pásome o día buscando cocos e insectiños pequenos para poder sobrevivir. (Raúl)
Eu son Xoán, un excombatente do exército británico que se atopa nesta situación desde o desembarco de Normandía, naufraguei a causa dun accidente de barco e todos os meus compañeiros morreron. (Rubén).
Cando toquei terra estaba desorientado, non sabía onde estaba nin por que. (Mirian). E así levo dous anos de condena soportando frío, calor e sobre todo moita fame;  pero ocorreu un milagre que ía cambiar a miña vida para sempre. (Fátima) Oín o chío dunha pomba na distancia e , de súpeto, caeu do ceo un papel amarelado e atado cun cordel. (Tino)Pouco se podía ler debido a que o papel estaba sucio, aínda que se divisaban unhas coordenadas que  podía seguir. (Diego) Estas dicían que fora cara ó norte e así o fixen, sen pensar en todo o que me esperaba no camiño. (Jessica)
Cada vez estaba máis cerca do lugar que marcaba a mensaxe e, debido a iso, empecei a sentirme tenso, xa que ao camiñar tanto ía contemplando unha parte da illa que nunca vira. (Iria)
Cando cheguei, atopei unha cabana de madeira  media oculta pola néboa, o que fixo que a intriga por descubrir o que encontraría no seu interior aumentara, así que me acerquei todo o posible e escoitei un ruído estraño. (Anxo) Mirei ao meu redor e localicei unha pequena silveira, decidín esconderme detrás dela ata descubrir de onde procedía ese son. (Andrea). Despois dun longo período de tempo agardando a escoitar outra vez ese ruído,  percateime de que proviña da cabana que vira e, sen pensalo dúas veces, entrei. (Diana) Cheguei á porta e estaba pechada, conseguina abrir con tres empurróns e, para a miña sorpresa, a cabana estaba baleira.(Álex) Saín rapidamente dela por medo a que fose unha emboscada e aterrado fun correndo pola area.(Adrián)De súpeto sentín unha especie de formigueo nas costas e, a pesar de que tiña moito medo, decidín xirarme para ver que era o que me esperaba. (Carla)
Alí estaba un dos homes que chegaran ata esta illa comigo, ao cal daba por morto e co que nunca tiven demasiado trato, pero neses instantes só pensaba en que, despois de todo, igual había unha posibilidade de regresar coa miña familia. (Lucía).
Estivemos falando un bo anaco de como fora este tempo; pasadas unhas horas decidimos dar unha volta á illa, e no medio daquel deserto atopamos un pequeniño barco.(Uxía). Cando decidimos subir a el para saír dunha vez por todas dese lugar, percatámonos de que lle faltaban moitas pezas e afundía, por iso, decidimos arranxalo entre os dous, collendo táboas daquela cabana de madeira. (Alexia)
Unha vez finalizada a barca con troncos de palmeira atados con trepadeiras e cunha superficie de táboas da cabana, fixemos unha proba poñéndonos sobre a balsa, que parecía flotar sen problemas. (Manuel)
O que non sabiamos era que nos faltaban os remos e iamos á deriva, pero unha manda de golfiños apareceu ás nosas costas e empezaron a empurrarnos ata unha zona do mar na que xa non se vía terra firme .(Yago)
De repente, unha balea saltou por riba nosa e desfixo o barco; o meu compañeiro berraba pedindo axuda, eu estaba aturdido e sentía  mareos; aínda que intentaba nadar, era incapaz de avanzar.(Alberto)
Foi entón cando conseguín abrir os ollos  e comprobar, con sorpresa, que estaba  na miña habitación e que todo fora un soño!!!(María)


Comentarios

  1. El mejor. Francisco Amigo Enríquez 4° E.S.O.

    ResponderEliminar
  2. Una gran historia, engancha desde el pricipio, y tiene su miga. Pablo Ozón Otero 4°E.S.O.

    ResponderEliminar
  3. Para mí, es el mejor. Mario Antelo Cambeiro 4° E.S.O.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario