Desde
este luns 16 de xaneiro ata o 9 de febreiro, dispoñemos no CPI A Picota dunha
maleta viaxeira destinada ás familias con exemplares moi variados que tentan ampliar
a oferta da biblioteca.
Preténdese
reforzar as actividades cara ás familias, traballar con elas no fomento da
lectura e tamén responder a todas as preguntas que os pais e nais se formulan
no día a día.
O
préstamo será de 7 días, podendo levar
un exemplar de cada vez, ben acudindo ao centro ou encargando o préstamo a través
do seu fillo/a ou titorando.
Recordar
que o horario da biblioteca para os pais/nais será os luns de 16:55 a 17:45.
Se
queren saber máis sobre a mochila viaxeira e o seu contido, visite este link: