ACTIVIDADES
SAMAÍN 2017
§ EXPOSICIÓN
DE CABAZAS DURANTE TODA SEMANA
Entre o 30 de outubro e o 3 de novembro celebramos o Samaín no centro. Respectando a tradición das cabazas, houbo unha semana de prazo para depositalas e que estas fosen decorando os corredores, servindo así como aperitivo do que posteriormente celebramos.
LUNS 30 a XOVES 2
§ RECREO
das 12: MAQUILLAXE DE TERROR NA AULA DE XOGOS INFANTIL (para todos que quixeran)
Obradoiro de maquillaxe onde as mestras pintaron a todo que alí pasou e deixou máis vampiros, bruxos e feras que alumnado no cole.
O alumnado de Secundaria voluntario, ofreceuse para pintar aos máis peques e tiveron clientela de arreo.
Bo traballo chicas!!
DECORACIÓNS E AMBIENTACIÓN DOS ESPAZOS CONXUNTOS
VENRES 3
De
mañán:
§ DE
11 A 12: VISITA TENEBROSA Á BIBLIOTECA
DO CENTRO (INFANTIL).
Os nenos e nenas destes cursos foron percorrendo algúns dos espazos do centro decorados para a ocasión, neles tentábase recrear a idea do Samaín.
§ RECREO
das 12: MAQUILLAXE DE TERROR NA AULA DE XOGOS INFANTIL (DE 1º A 6º DE PRIMARIA)
Maquillaxe de acompañamento aos disfraces que trouxeron os rapaces/zas.
§ DE
12.30 A 13.20 : VISITA Á TENEBROSA
BIBLIOTECA DO CENTRO (DE 1º A 6º EP)
Estes niveis educativos visitaron os corredores e a nosa biblioteca, todos preparados para pasar un tempo divertido onte as risas, medo e os sustos eran os protagonistas da acción, todo conducido por unha historia sobre a orixe do Samaín ambientada na Picota que introducía algún sobresalto.
De
tarde:
§
§ 15:00
CONTO DE SAMAÍN PARA INFANTIL E PRIMARIA EN
AUDIOVISUAIS
Sobre as lendas traballadas na área de Lingua Galega en 5º e 6º ,escolleuse unha para gravar e facer un audioconto neste día. Coas voces de alumnos/as de 5º e 6º escoitamos, como pasaron un día de medo, unha familia de entre nós.
§ 15:30
PREMIOS AOS CONCURSOS DE CABAZAS E ALIMENTOS DO TERROR
Unha forma de agradecer a participación do alumnado é facer as máximas e mellores actividades posibles, dándolle vistosidade a todo que eles/as colaboran. Como complemento a maiores, e para levar un recordo do día e ter constancia do traballo feito, queremos darlles un premio ás cabazas e comidas do terror que resultaron ser máis admiradas e con máis comentarios positivos.
§ 16:00
DEGUSTACIÓN DOS PRODUTOS ELABORADOS ANIMADA CON MÚSICA E BAILE.
Despois dun día largo e con moito axetreo, tivemos o momento de coller folgos e probar os alimentos con tanta apariencia terrorífica. Se pola súa visiblidade non atraían,o seu tacto, textura e sabor dixéronnos o contrario e fixeron as delicias de todos nós.