Representación Luces de Bohemia e visita á RTVG

O pasado 24 de abril os alumnos de 3º e 4º ESO asistiron en Santiago de Compostela á representación teatral de Luces de bohemia que levou a cabo a compañía teatral Eina d'escola. Esta adaptación da obra de Valle-Inclán superou as súas expectativas e desfrutaron dun momento moi ameno no teatro.

Despois, todos tiveron a oportunidade de coñecer como funcionaba a RTVG gracias a unha visita guiada na que nos ensinaron todas as instalacións e na que nos explicaron como se gravaban e producían os diferentes programas que se emiten na nosa canle autonómica. O que máis lles chamou a atención desta visita foron os platós de gravación e a sala de realización. Desfrutaron moitísimo desta visita.