25 de novembro no CPI A Picota


               


Deixámosvos as actividades realizadas con motivo do 25 de novembro, Día internacional pola elimanción da violencia contra a muller

En Primaria recordamos esta data e o que significa visionando un pequeno video e escoitando unha canción  e finalmente gardamos un emotivo minuto de silencio no que ata o alumnado de infantil estivo á altura. 
Previamente traballouse nas aulas esta temática e elaboráronse uns murais que están colgados no corredor do centro, aquí tedes algunhas fotos.


          


Co alumnado de Secundaria, realizamos un acto reivindicativo que gravamos en vídeo co alumnado de 2º e 4º da ESO para chamar a atención sobre moitas formas de violencia contra a muller que en moitas ocasións non identificamos como violencia. Posteriormente, proxectouse a curtametraxe "No" e lemos un pequeno manifesto.
Aquí podedes ver o vídeo do acto co alumnado de secundaria.




Comentarios