Encontro-presentación do libro Los cuentos de la Niebla con Laura Suárez

Este 30 de outubro nas vésperas do Samaín, tivemos un encontro coa ilustradora (e antiga alumna do noso centro) Laura Suárez, para a presentación do seu cómic "Los cuentos de la niebla". O libro está inspirado nos contos e historias que lle contou a súa avoa Lola sobre lendas e tradicións tan nosas como son a Santa Compaña, ou outras menos coñecidas fóra da comarca como "O Aire" ou "O vidoiro".
Desfrutamos un montón co diálogo que se produciu entre avoa e neta e serviunos de inspiración para darnos conta da importancia do noso patrimonio inmaterial. Unha antiga alumna, recollendo a memoria da súa avoa creou un libro fantástico que é unha auténtica obra de arte. Estamos orgullosas/os e agardamos que a tradición continúe e inspire a novos e novas ilustradoras.







Comentarios