Magosto no CPI A Picota

Un ano máis chegou o Magosto, tempo de castañas e follas caídas. Na tarde do xoves 14 de novembro celebramos a nosa festa da castaña. O tempo non nos deixou disfrutar do aire libre pero desfrutámolo igualmente facendo xogos en distintos espazos do colexio (ximnasio, corredor...) e finalmente comemos todos xuntos as castañas no patio cuberto, onde Serafín, o castañeiro, tiña preparado as castañas quentiñas no seu carriño.
Tamén tivemos unha "compañía moi especial", esta vez a que veu a acompañarnos asando unhas castañiñas no corredor do colexio, foi Maruxa, a filla da nosa castañeira Fernanda, que se retirou e deixouna a ela a cargo do negocio familiar. Maruxa tírase moito á súa nai e é igual de falangueira ca ela. Para os que non a coñecedes poñemosvos unha fotiño.

                                          

Comentarios