Samaín na Picota. Cabazas, vasoiras e postres de meeeeedo!!!

Un ano máis celebramos o Samaín no noso colexio. En primeiro lugar agradecer aos pais e nais a súa colaboración e esforzo,  sen os cales  moitas das actividades programadas non serían posibles.

Ademais do encontro con Laura Suárez e a súa avoa que xa vos contamos, tivemos un día cheo de actividades.


Xa pola tarde fomos á aula de audiovisuais de Primaria para ver unhas historias de medo en galego e inglés feitas coas voces do alumnado de 3º a 6º nas que incluso saía Léctor, a nosa mascota da Biblioteca.

A continuación entrégáronse os premios dos concursos de cabazas, vasoiras e postres monstruosos. Un ano máis resultounos difícil poder escoller, pois hai moita imaxinación e os resultados foron espectaculares. Grazas unha vez máis!!

E para rematar acabamos merendando os monstruosos postres que resultaron estar monstruosamente bos!!




Comentarios