Comezamos un novo curso.... e será excepcional !

 Abrimos novo curso. Sabemos que vai ser moi diferente, que nada volverá ser o mesmo logo da chegada da pandemia. Por iso dicimos que será un curso EXCEPCIONAL nos dous significados do termo. Por diferente e polas novas posibilidades que se nos abren. Queremos sacar o mellor deste tempo de incerteza, porque sabemos que é nas crises cando a creatividade voa e permite descubrir novas posibilidades. 

A biblio do CPI A Picota seguirá aberta este ano, sabemos que non poderemos desenvolver moitas das actividades que viñamos realizando, pero tentaremos programar e desenvolver outras. Este blog será a principal vía de difusión e participación a distancia da comunidade educativa. Queremos que participedes!

Está xa dispoñible nun enlace na parte superior do blog,  a dirección  do noso catálogo de libros en liña. Se quredes buscar ou saber se temos un determinado libro, buscádeo e contactade con nós a través do correo da biblio: mazaricoteca@gmail.com

Deixámosvos tamén o noso novo protocolo de acceso e uso dos espazos da biblioteca adaptado á nova normativa Covid. 

Abrimos ás portas! Moito  ánimo!  Moitas lecturas !  Será un ano excepcional !




Comentarios