Preparamos o 25 N... I exposición fotográfica contra a violencia

 Como cada ano, este mes de novembro ten unha data sinalada que non podes esquecer. O próximo 25 será o Día a prol da elimanción das violencias contra a muller

Este ano queremos propoñervos a realización dunha exposición conxunta, onde alumnos e alumnas de Secundaria participedes enviándonos as vosas creacións. 

Serán imaxes que representen emocións, símbolos, estados de ánimo, sentimentos... relacionados coa violencia de xénero e/ou a favor da igualdade.

Animádevos a participar. Aquí vos deixamos as condicións. Calquera dúbida falade co equipo da biblioteca. 



Comentarios