Excursión de 4º e 6º ao Pazo de Goiáns!

 

Entre outros títulos os alumnos de 4º e 6º, no clube de lectura, lemos “A voz do lago” de Antón Ribeiro. Despois de ler o libro recibimos no colexio a visita de dito autor, como se pode ver nunha entrada anterior do noso blog. Finalmente o pasado venres, día 3 de xuño, disfrutamos dunha excursión á zona de Boiro, onde poidemos visitar os escenarios en que se desenvolve a acción do libro como é  o Pazo de Goians e o seu entorno natural.

No Pazo guiounos na visita un traballador do Concello que nos ensinou tanto o edificio como o entorno natural que o rodea. Entre outras cousas comentounos que antes o Pazo era privado, símbolo da nobreza,  pero ahora era do Concello e calquera podía visitalo. Cando estabamos facendo o percorrido polo entorno do Pazo sorprendéronnos moitas das árbores que alí había e o noso guía díxonos que ademais dun bosque autóctono con pinos, carballos, castiñeiros e sobreiras, tamen había algunhas árbores que viñeran de moi lonxe, como un aguacateiro, e que eran símbolo do poder económico dos donos do Pazo, xa que quería dicir que tiñan cartos para viaxar.

Finalmente  fomos a un parque onde había moitos columpios de madeira e ata unha tirolina que nos encantou!

Foi unha excursión estupenda!

Na seguinte foto o noso guía estanos a explicar a lenda da serea, xa que este era o lugar no que había unha fonte coa estatua dunha serea e dicíase que a poderosa familia Mariño, que foi unha das donas do pazo, nacera do encontro dun pescador e unha serea.




Aquí vemos unha sobreira  de 300 anos, que é candidata a ser incluida no catálogo de árbores senlleiras de Galicia


E...finalmente a foto de grupo!!





Comentarios