Deseño de dúas maquetas para o proxecto "O noso universo": Sistema solar e Constelacións

Na materia de Proxecto Competencial de 2º ESO realizamos unha investigación relacionada coas seguintes temáticas: “Vida extraterrestre” e “Tipos de buracos no universo: negro, de verme e branco”.

Na mesma materia, pero no curso de 3º ESO a nosa investigación levou por título: “Vida e morte dunha estrela”. Intentamos dar resposta ás seguintes preguntas: Que son as nebulosas? Como se agrupan as estrelas? Que materiais as compoñen e cales son as súas partes? Como se clasifican?

Ámbolos dous grupos participaron conxuntamente no deseño e realización de dúas maquetas que colocamos na entrada do centro.

Para a primeira perforamos sobre cartóns, que previamente pintamos, as constelacións dos dous hemisferios.

A segunda é unha representación a escala do Sistema Solar.

O alumnado da materia de EPVA botounos unha man para rematar a tempo esta segunda maqueta.

 

Comentarios