En relación ao proxecto do cole “Os Bosques” quixemos converternos en abellas e apicultores no desfile do entroido, para iso tivemos que facer centos de abelliñas para decorar os nosos traxes, vimos como eran as colmeas e os seus panais para despois facer as nosas, e acabamos construíndo botes de mel e afumadores como verdadeiros apicultores. Grazas tamén a axuda das nosas familias conseguimos que os nosos traxes quedaran como os de verdade.
Comentarios
Publicar un comentario