Este curso quixemos darlle continuidade ao proxecto de Patios Activos, que comezou a desenvolverse o pasado ano escolar co obxectivo de fomentar o xogo, a actividade física e a convivencia durante o tempo de recreo.
Grazas a esta iniciativa, o alumnado pode
gozar dunha gran variedade de xogos e deportes nos patios do centro. Entre as
actividades máis destacadas atópanse o Datchball, Pickleball, bádminton,
ping-pong e futbolín, que permiten ofrecer alternativas de lecer activo
para todos os gustos e idades.
Un aspecto fundamental do proxecto é a
implicación do alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, que se encarga
da revisión e coidado do material, favorecendo así a responsabilidade, o
respecto polos recursos comúns e a colaboración entre compañeiros e
compañeiras.
Os Patios Activos consolidáronse como un
espazo de encontro, diversión e aprendizaxe, contribuíndo a crear un recreo
máis dinámico, inclusivo e saudable para toda a comunidade educativa.
Comentarios
Publicar un comentario