Outra das actividades que levamos a cabo no centro antes do Nadal foron uns talleres nos que participaron as/os alumnas/os de secundaria.
Organizámonos en
dúas quendas: 1º e 2º estiveron traballando nos talleres durante as dúas primeiras
horas, e algúns alumnos/as de 3º e 4º achegáronse para botar unha man durante a
terceira e cuarta hora da mañá.
Todos os obxectos
que se realizaron puxémolos á venta no mercado solidario que organizamos á
volta das vacacións.
Gracias a todas/os
aquelas/os que botáchedes unha man! Especialmente ao alumnado de 4ºESO que
axudou a recoller varias aulas antes de marchar para a casa!
Comentarios
Publicar un comentario